24 feb. 2017

Receita: Caldo de Gloria

Hoxe é o Día de Rosalía e dende:  " A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha neste 180 aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.





E eu dende este blog querome sumar a este día publicando a receita do Caldo de Gloria que escribiu no seu día Picadillo e que di así:

" O caldo galego de Picadillo (La cocina práctica, 1905). O verdadeiro caldo galego non é o que nos describen moitos autores culinarios, nin o que con tal nome nos dan en Madrid e outros puntos, facendo
intervir nel profusión de carnes e infinidade de embutidos. O caldo galego típico, en enxebre, o de verdade, redúcese sinxelamente a unha mestura de patacas, feixóns, verduras e unto de porco, rancio, e máis
nada (...)

Nun pote grande póñense feixóns e auga case ata enchelo. Ponse o pote ó lume e cando ferve bótaselle o unto en proporción, non ó que o caldo require, senón ó que o peto do comensal permite. Á hora e media de estar cocendo bótanselle as patacas finamente cortadas e cando están cocidas bótanselles as verduras lavadas, cortadas e escollidas, facendo ferver de novo a mestura destapada.
As verduras poden ser nabos, nabizas, grelos, col ou unha verza moi típica que entre nós é coñecida co nome de verdura galega. Innecesario é dicir que isto ten que levar o sal correspondente. Hai quen espesa este caldo desfacendo, cando están ben cocidas, algunhas patacas, algunhas fabas e mailo unto."

E aquí o meu Caldo de Gloria:





E como non o poema de Rosalía:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...