29 ene. 2017

Mapa doce de Galicia: Torta de Requeixo de As Neves

Quero empezar por esta Torta de Requeixo de As Neves porque as tortas de queixo son a miña debilidade e porque o ano pasado compartín momentos coas mulleres da parroquia de Cerdeira onde inda se elabora o requeixo artesanalmente e me contaron todos os seus segredos.

Neste concello da provincia de Pontevedra non so podemos gozar desta torta senón antes podemos tomarnos un bo prato de Lamprea e acompañala dos viños Rías Baixas que se elaboran neste concello.

O requeixo soiase tomar con mel e incluso con mel e noces, e nalgunhas casas tamén o metían no viño tinto e lle engadían un pouco de azucre.


Vamos quentar o forno para facer unha torta de requeixo.

Mapa Doce de Galicia: Bica Blanca de Laza



Hoxe vamos coa Bica Branca de Laza, unha bica que non deixará indiferente a ninguén. Resulta unha bica moi esponxosa e que aguanta perfectamente uns cantos días fresca, sempre e cando na casa sexades capaces de aguantar a tentación de meterlle o dento así como sae do forno.

Laza pertence a Ourense está localizada en pleno triángulo do entroido galego, na comarca de Verín. Sen dúbida unha bica especial que por suposto ten o seu sitio en #melnasfilloas.

A Bica Branca fai-se con fariña, nata de vaca, azucre e clara do ovo, non leva xema, de aí a súa cor branca que a diferencia do resto das bicas galegas, xeralmente comese durante o entroido. E para acompañar a bica nada mellor que un pouco de Xastré, un licor verde que se fai con augardente, azucre e 8 tipos diferentes de herbas. Elaborase mediante a maceración desas herbas en augardente durante uns 20 días. 



    A que apetece un anaco.

    12 ene. 2017

    Mapa Doce de Galicia e Mel nas filloas

    Dende finais de outubro esta a venda Mel nas Filloas, o meu segundo libro. Mel nas filloas é unha viaxe pola cociña clásica da repostería galega, neste libro atopámonos con 60 doces de sempre cunha nova ollada a tradición, dende bicas, tortas, cocadas, torradas, roscas, dende as chulas de calacú ata a tortilla romana de Muros, pasando pola Poufeira de Ponteareas ata as faragullas da Pontenova,…. Unha viaxe que percorre moitas vilas galegas. Un traballo de recuperación de moitos doces que co paso do tempo foron quedando moitos deles esquecidos ou xa so se fan en moi poucos fogares galegos. Un libro que aposta polos doces galegos e pola súa continuidade nas nosas sobremesas. 
    Este libro está editado por Editorial Galaxia e o prólogo esta escrito por D. José González Solla





    Por iso vou crear un mapa doce de Galicia, vamos contar unha receita .......... un doce .......... un pobo......... un sabor. Vamos ir pouco a pouco facendo un mapa no que se reflexe esa larpeirada que moitas veces asociamos a nos infancia. Cada semana iremos poñendo un doce no mapa.


    Pero tamén vos quero animar a que me fagades chegar esos doces dos vosos pobos, xa teño unha serie deles recuperados e vamos a continuar nesta senda.


    11 ene. 2017

    Receita: Mexillóns a mariñeira

    Vamos cunha receita salgada para comenzar o ano:




    Mexillóns a mariñeira



    Ingredientes
    1 Kg de mexillóns galegos
    1 cebola., 
    2 dentes de allo., 
    1 tomate., 
    3 culleradas de prebe de tomate., 
    Perexil picado., 
    1 vaso de viño branco Albariño Rías Baixas
    1/2 culler de pementón doce.

    Preparación:

    Abrimos os mexillóns ao vapor e reservamos os mexillóns abertos e a auga que deixaron na tarteira. Logo picamos a cebola, o tomate e os allos ben picados. Nunha tixola engadimos un pouco  de aceite de oliva.
    Engadimos a cebola e o  allo e o cociñamos a fogo lento. Cando esté dourada a cebola engadimos o tomate picado e deixamos que se cociñe uns 2-3 minutos.
    Logo engadimos o vaso do viño branco, o prebe de tomate e o perexil picado, 2 vasos de auga el perejil picado, 2 vasos de auga da cocción dos mexillóns e o pementon doce. 
    Removemos todo ben e repartimos os mejillones por toda a tixola. Poñemoslle a tapa e deixamos que se cocié a fogo lento uns 2-3 minutos para que os mexillóns collan o sabor do prebe. 


    Servimos quentes ou mornos, como máis nos gusten. Bo proveito
    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...