7 nov. 2017

Tempo de cogumelos e de cabaza, os mexillóns están cheos e que mellor prato que xuntalos todos nunha mesma pota.

Fabas con níscalos, cabaza e mexillons



Ingredientes para 4 persoas: 500 gr de fabas cocidas, 75 gr de níscalos ou outro cogumelo de tempada, 1 cebola , 1 pemento vermello ou ½ bote de pementos asados, 100 gr de cabaza, ½ kg de mexillons cocidos, sal, pementa, aceite, opcional: algún outro cogumelo.
As cantidades dos ingredientes podense axustar ao gusto de cada un.


Preparación: 

Poñemos ao lume nunha pota un pouco de aceite e engadimos a cebola e o pemento limpos e cortadiños en anacos pequenos. 

Cando as verduras empecen a pocharse engadimos a cabaza  picada en anacos pequenos e os níscalos e o resto de cogumelos se imos usalos.
 Remexer e deixar que se pochen as verduras. Engadir as fabas cocidas e un pouco de auga, remexer e engadir sal e pementa ao gusto.

 Deixar cocer durante uns 5 minutos e engadir os mexillons e retirar do lume. Listo para comer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...