18 oct. 2016

Doce: biscoito de vainilla

Volvemos cunha receita doce e que mellor que un biscoito para mollar no café.

Biscoito de vainilla



Ingredientes

8 ovos
300 gr de azucre
350 gr de fariña de trigo
1 vaso de leite
vainilla
reladura de 1 limón
10 gr de levadurina
unha migalla de sal

Preparación:

Separar as xemas das claras. E bater as claras a punto de neve e cando estén engadir a metade do azucre e bater moi ben ata ter case un merengue firme. Reservar.
Por outro lado bater as xemas co resto do azucre ata ter unha mistura case blanca e ir engadindo o resto de ingredientes, a reladura do limón, a vainilla ao gusto, o vaso de leite, a pizca de sal e a fariña coa levadurina tamizada. Bater todo ben.
Misturar con coidado coas claras que temos a punto de neve reservar, temos que procurar que non se baixen as claras.

Botamos esta mistura nun molde que xa temos enfariñado e metemos no forno xa quente a 180º durante uns 35- 40 min, dependendo o forno. Pinchamos cun pauciño fino e si sae limpo sacamos do forno senón deixar uns 5 minutos máis.



Deixar arrefríar e listo para comer. Bo proveito. 

29 sept. 2016

Receita: Cabeza de pescada do pincho ao forno con lagostinos

Logo dunha tempada sen actualizar esta páxina volvo a poñerme a escribir, a volver a escribir esas receitas que vou facendo na casa e a descubriros eses productos da nosa terra que tantas alegrías me dan na cociña. Empezamos cun básico na miña casa, o peixe.



Cabeza de pescada do pincho ao forno con lagostinos 


Ingredientes para 2 personas:
1 boa cabeza de pescada
8-10 lagostinos
2 patacas medianas
1 cebola
2 dentes de allo
1/2 pemento vermello
1/2 pemento verde
fumet de peixe
1/2 vaso de viño branco albariño
sal
pementa
azafrán en fíos
aceite de oliva
perexil.

Preparación:

Limpar ben a cabeza da pescada e botarlle un pouco de sal. Quentar o forno. 

Nunha fonte de forno por un pouco de aceite de oliva e engadir os dentes de allos picados e a cebola cortada en tiras finas. Deixar que se dore un pouco e engadir os pementos cortados en tiras.
Deixar que se cociñen un par de minutos e engadir as patacas cortadas en rodaxas finas e deixar que se fritan un pouco. ( esto vainos axudar a ter menos tempo o peixe no forno e que non se nos pase).
Colocamos a cabeza da pescada enriba das patacas e engadimos o albariño e o caldo de peixe que cubra ata a metade do peixe. Moer un pouco de pementa por riba e engadir sal ao gusto. Engadir os fíos de azafrán onde haixa caldo de peixe e colocar o redor da cabeza os lagostinos.



Meter ao forno a 180º durante uns 15 minutos. A metade de cocción abrir o forno e cunha culler coller prebe da fonte e mollar ben a cabeza da pescada.

Retirar do forno e espolvorear un pouco de perexil picado por riba e servir quente.



Bo proveito.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...