8 mar. 2015

Taller de cociña mariñeira

Coñecemos estes días, tamén, unha nova iniciativa turística galega que o que vende son experiencias.
Escoitaron ben, experiencias...
É dicir, a posibilidade de participación activa en actividades cotiás relacionadas coa vida marítima.

Turismo de experiencias. E a experiencia de hoxe é virmos á praza de abastos de Portonovo, e mercar aquí peixe.
Isto é un escaparate do mar, cheo de frescura.

A experiencia que vai vivir este grupo de tres raparigas é a de mercar e cociñar o peixe.
Canda elas vai Rocío, a cociñeira que lles vai aprender a mercalo e cociñalo.


Despois de mercar piardos e maragota, marchamos cara a quinta de San Amaro, xa que imos preparar o peixe nunha das súas cociñas.

A implicación dos que participan na experiencia é constante.

Aquí tamén.

A cociñeira vai explicando paso a paso as receitas de hoxe: tortilla de piardas con broa e guiso de maragota.
A intención é traballar sempre cos peixes da zona e facer receitas doadas, para que a xente que participe nos grupos poida despois repetilas na casa sen maiores complicacións.

No caso de hoxe, a experiencia remata cun xantar do peixe e a outra comida que trouxeron do mercado.
É un xeito alternativo de participar do espírito do mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...