18 ene. 2015

Receita: Galo de Mos de corral a sidra con prebe de fabas de Lourenzá e queixo do país e salteado de cabaza.

Volvemos cunha receita onde o protagonista é o galo de Mos e que cociñei para a I Xornada de Ecoreceitas con Galo de Cruces en Vila de Cruces o pasado 21 de decembro e que gustou moito.

Galo de Mos de corral a sidra con prebe de fabas de Lourenzá e queixo do país e salteado de cabaza.



Ingredientes:

1 galo de Mos

1⁄2 l de sidra ecolóxica

2 cebolas

2 cenouras

queixo do país ecolóxico

fabas de Lourenzá

cabaza

sal

pementa negra

aceite de oliva virxen

Preparación:

Poñer o día anterior as fabas de lourenzá a remollo.

Cortar o galo de Mos en anacos e douralo nun pouco de aceite de oliva. Cando este dourado retirar

a un prato e nese mesmo aceite pochar as cebolas cortadas en xuliana. Cando estén ben pochadas

engadir as cenouras cortadas en rodelas e os anacos de galo. Cubrir todo coa sidra ( podemos

engadir un vaso de auga) tapar e deixar cocer a fogo lento durante aproximadamente 30 minutos.

Pasado este tempo engadir sal e pementa negra ao gusto e rematar de cocer ben o galo, sobre uns

15 minutos máis. Apagar o lume e deixar repousar. Retiramos os anacos de galo e trituramos todo

para ter un prebe espesiño. Reservamos

Mentras cocemos as fabas de Lourenzá cun chisco de sal. Cando estén cocidas retiramos parte da

auga de cocelas e engadimos uns bos anacos de queixo e deixamos que se funda o queixo. Correxir

de sal se fose necesario e moer un pouco de pementa. Triturar todo ben e reservar.

Nunha tixola cun chisco de aceite salteamos a cabeza cortada en cadrados, salpimentamos ao

gusto, deixamos que se poche ben.

Nunha praca de forno con papel de forno poñemos uns montóns de queixo relado e metemos ao

forno ata que este dourado para que se forme unhas galletas crocantes de queixo.

Empratamos poñendo no fondo do prato un pouco da crema de fabas de lourenzá con queixo

enriba os anacos de galo que salseamos cun pouco do prebe e o lado poñemos un pouco de cabaza

salteada e o crocante de queixo. Podemos acabar cuns brotes verdes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...