20 ago. 2015

Receita: navallas ou longeirons en mollo verde

Déspois dun longo parón voltamos coas receitas con  produtos da nosa terra. Nesta ocasión cuns longueirons de Fisterra


Longueiróns ou navallas en mollo verde




Ingredientes:



Longueirón de Fisterra
Allo
Cebola
Perexil
aceite de oliva
sal

Preparación:

Pochamos a cebola ben picada nun pouco de aceite de oliva e cando este ben pochada engadimos un dente de allo e perexil picado. Trituramos todo ben e reservamos.

Poñemos a quentar unha tixola e poñemos unhas gotas de aceite de oliva. Cando este ben quente poñemos os longueirons e  tan pronto abran engadimoslle o mollo verde por riba e  deixamos  un par de minutos para que os longueirons absorban un pouco do prebe.

Servimos ben quente.


Leer más aquí: http://www.cocinademiabuelo.com/2015/06/receta-longueiron-con-salsa-verde.html
© La Cocina de mi Abuelo

8 mar. 2015

Taller de cociña mariñeira

Coñecemos estes días, tamén, unha nova iniciativa turística galega que o que vende son experiencias.
Escoitaron ben, experiencias...
É dicir, a posibilidade de participación activa en actividades cotiás relacionadas coa vida marítima.

Turismo de experiencias. E a experiencia de hoxe é virmos á praza de abastos de Portonovo, e mercar aquí peixe.
Isto é un escaparate do mar, cheo de frescura.

A experiencia que vai vivir este grupo de tres raparigas é a de mercar e cociñar o peixe.
Canda elas vai Rocío, a cociñeira que lles vai aprender a mercalo e cociñalo.


Despois de mercar piardos e maragota, marchamos cara a quinta de San Amaro, xa que imos preparar o peixe nunha das súas cociñas.

A implicación dos que participan na experiencia é constante.

Aquí tamén.

A cociñeira vai explicando paso a paso as receitas de hoxe: tortilla de piardas con broa e guiso de maragota.
A intención é traballar sempre cos peixes da zona e facer receitas doadas, para que a xente que participe nos grupos poida despois repetilas na casa sen maiores complicacións.

No caso de hoxe, a experiencia remata cun xantar do peixe e a outra comida que trouxeron do mercado.
É un xeito alternativo de participar do espírito do mar.

18 ene. 2015

Receita: Galo de Mos de corral a sidra con prebe de fabas de Lourenzá e queixo do país e salteado de cabaza.

Volvemos cunha receita onde o protagonista é o galo de Mos e que cociñei para a I Xornada de Ecoreceitas con Galo de Cruces en Vila de Cruces o pasado 21 de decembro e que gustou moito.

Galo de Mos de corral a sidra con prebe de fabas de Lourenzá e queixo do país e salteado de cabaza.



Ingredientes:

1 galo de Mos

1⁄2 l de sidra ecolóxica

2 cebolas

2 cenouras

queixo do país ecolóxico

fabas de Lourenzá

cabaza

sal

pementa negra

aceite de oliva virxen

Preparación:

Poñer o día anterior as fabas de lourenzá a remollo.

Cortar o galo de Mos en anacos e douralo nun pouco de aceite de oliva. Cando este dourado retirar

a un prato e nese mesmo aceite pochar as cebolas cortadas en xuliana. Cando estén ben pochadas

engadir as cenouras cortadas en rodelas e os anacos de galo. Cubrir todo coa sidra ( podemos

engadir un vaso de auga) tapar e deixar cocer a fogo lento durante aproximadamente 30 minutos.

Pasado este tempo engadir sal e pementa negra ao gusto e rematar de cocer ben o galo, sobre uns

15 minutos máis. Apagar o lume e deixar repousar. Retiramos os anacos de galo e trituramos todo

para ter un prebe espesiño. Reservamos

Mentras cocemos as fabas de Lourenzá cun chisco de sal. Cando estén cocidas retiramos parte da

auga de cocelas e engadimos uns bos anacos de queixo e deixamos que se funda o queixo. Correxir

de sal se fose necesario e moer un pouco de pementa. Triturar todo ben e reservar.

Nunha tixola cun chisco de aceite salteamos a cabeza cortada en cadrados, salpimentamos ao

gusto, deixamos que se poche ben.

Nunha praca de forno con papel de forno poñemos uns montóns de queixo relado e metemos ao

forno ata que este dourado para que se forme unhas galletas crocantes de queixo.

Empratamos poñendo no fondo do prato un pouco da crema de fabas de lourenzá con queixo

enriba os anacos de galo que salseamos cun pouco do prebe e o lado poñemos un pouco de cabaza

salteada e o crocante de queixo. Podemos acabar cuns brotes verdes.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...