10 dic. 2014

Receita: Turrón de chocolate

Un doce que esta presente en moitas casas nestas datas que se achegan e que é ben sinxelo de preparar.

Turrón de chocolate




Ingredentes:

200 gr de chocolate fondant para postres
200 gr de chocolate con leite
100 gr de chocolate con avelás picadas
1 culler de manteca de porco 
1 puñado de arroz inflado chocolateado
1 puñado de arroz inflado

Preparación:

Troceamos os chocolates e os metemos no microondas a derreter. Cada 30 segundos vamos vixiando para que non se nos queime. Tamen podemos derreter o chocolate ao baño María.

Removemos ben os chocolates para misturalos e lle añadimos a manteca de porco que temos a temperatura ambiente. Cando esté ben misturada engadimos os puñados de arroz inflado tanto o normal como o chocolateado.

Botamos a mistura nun molde, neste caso o fixen nun molde de silicona, moito máis sinxelo  de desmoldar.
Deixamos repousar mínimo 6 horas antes de desmoldar.

Desmoldar e listo para empezar a desfrutar dp turrón.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...