6 nov. 2014

Doce: Pudin de castañas con prebe de chocolate

Unha receita cun dos nosos produtos de temporadas: as castañas. Un doce o que ninguén se vai a resistir.


Pudin de castañas con prebe de chocolate




Ingredientes para 6 unidades individuaís:
250 grs de castañas sen pel
250 grs de mascarpone
250 ml de leite
1 sobre de té con canela  ou té negro
2 ovos
75 grs de azucre moreno
Para o prebe de chocolate
75 grs de chocolate de cobertura
250 ml de leite

Preparación:

Poñemos a cocer as castañas sen pel  no leite sobre uns 25 minutos a fogo medio, 5 minutos antes metemos a bolsiña de té.
Retiramos a bolsa de té e moemos ben o leite coas castañas e engadimos o resto de ingredientes: mascarpone, os ovos e o azucre. Batemos todo ben. Botamos nos moldes individuais ou nun grande.
Metemos no horno a 190º durante 15 minutos. Retiramos e deixamos refriar.

Preparamos o prebe de chocolate poñendo o fogo o leite co chocolate ata que o chocolate se disolva e se mistura ben coa leite.

Desmoldamos nun prato e botamos o prebe morno de chocolate por riba e  listos para servir.

Bo proveito
Pepe una verdadera delicia y muchas gracias por la receta.
Buen fin de semana y que disfruteis de las castañas
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...