7 ago. 2014

Rosquillas de limón

Xa tocaba un postre.

Rosquillas de limón



Ingredientes:

Para as rosquillas: 250 g de fariña, 1 culler pequena de fermento en pó, 150 gr de manteiga, 100 gr de azucre, 2 xemas de ovo, reladura de dous limóns, 1/2 vaso de leite
Para o glaseado: 120 gr de azucre glass, 2 culler de zume de limón, 50 gr de pistachos picados e reladura de limón.

Preparación:

Comenzamos coas rosquillas: 
Batemos a manteiga co azucre  e engadimos as xemas de ovo. A continuación engadimos a leite e a fariña tamizada co fermento e amasamos ben. Engadimos a reladura dos limóns. Amasamos ben e deixamos repousar media hora.
Se a masa vos queda pegañenta metédea na neveira para que a manteiga se endurezca e así podela estirar.
Encendemos o forno a 180º.
Estiramos a masa e cortamos formando as rosquillas de 2 cm de grosor. Poñemos enriba dun papel de forno e cocemos durante 15 minutos, ata que estén douradas. 
Retiramos e deixamos refriar.
Unha vez frías preparamos a glasa: para elo misturamos o azucre glass co zume de limón e pintamos as rosquillas por riba.
Espolvoreamos  reladura de limón e os pistachos picados. 
Deixamos que a glasa se poña dura e listas para comer.



5 ago. 2014

Receita: Ovos rotos con atún e piquillos

Unha receita sinxela e perfecta para unha cea de verán, sin moita complicación pero con moito sabor.



Ovos rotos con atún e piquillos



Ingredientes por persona

2 patacas medianas
2 ovos
lomo de atún en conserva de aceite de oliva
pementos do piquillo
1 culler de azucre, mellor moreno
aceite de oliva
sal


Preparación

Pelamos as patacas e as cortamos en tiras finas e as fritímos en abundante aceite de oliva, cando estén listas as escurrimos ben do aceite e lles botamos sal. Reservar pero sin que enfrien.
No mesmo aceite de fritír as patacas fritimos os ovos ao gusto de cada un e unha vez listos os poñemos coas patacas.

Noutra tixola poñemos un poco de aceite de oliva e botamos os pementos de piquillo cortados en tiras e con un poco de azúcar y dejamos que se confiten, pasados 5 minutos añadimos el lomo de atún y deixamos cociñar un par de minutos.

Empratamos, poñemos nunha fonte ou prato as patacas fritas, encima poñemos os pementos de piquillo có atún e colocamos os ovos.

Os ovos  rompense xusto cando se vaia a comer para que a xema se escurra entre o resto de ingredientes.



Bo proveito
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...