21 sept. 2014

Receita: Arroz con boi de mar

Había tempo que non comía este arroz que xunto ao arroz con lubrigante é un dos meus preferidos.

Sinxelo de cociñar pero que non espera por ninguén.

Arroz con boi de mar




Ingredientes para 4 persoas

1 boi de mar grande
500 gr de arroz bomba ou de gran redondo
1 cebola
1 pemento vermello
1,5 l de caldo de marisco, fumet de peixe ou auga
azafrán en fíos
aceite de oliva


Preparación


Poñemos unha cazola de barro ao lume e poñemos un pouco de aceite de oliva. Cando este quente engadimos a cebola e o pemento picados moi finos, deixamos que se fritan ben.

Vamos limpando o boi, en cru, para elo o abrimos a metade  cun machete. A auga que solte a botamos nun vaso, non se desperdicia nadiña. Vamos separando as patas e as aplastamos un pouco cun machete. O cacho o partimos en dous y¡e rompemos un pouco a cacha. E por último o corpo o partimos en anacos e desbotamos as partes grises e a tapa.

Cando o sofrito este listo engadimos os anacos do boi, a auga que soltou e o arroz, deixamos que se sofría un pouco mentras remenxemos cunha culler de madeira, durante un par de minutos. Engadimos o caldo de peixe o marisco. Deixamos cociñar a fogo medio-baixo durante uns 18 minutos, de vez en cando vamos movendo a cazola para que o arroz  quede solto e o caldo chegue ben a todos os lados. Engadir uns fíos de azafrán.

Se vemos que o arroz nos vai quedando moi seco engadimos máis caldo ou auga.  Apartamos do lume e deixamos repousar 5 minutos antes de servir.

Este é o aspecto do arroz cando o saco do lume para deixalo repousar.

SERVIR INMEDIATAMENTE.



Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...