7 ago. 2014

Rosquillas de limón

Xa tocaba un postre.

Rosquillas de limón



Ingredientes:

Para as rosquillas: 250 g de fariña, 1 culler pequena de fermento en pó, 150 gr de manteiga, 100 gr de azucre, 2 xemas de ovo, reladura de dous limóns, 1/2 vaso de leite
Para o glaseado: 120 gr de azucre glass, 2 culler de zume de limón, 50 gr de pistachos picados e reladura de limón.

Preparación:

Comenzamos coas rosquillas: 
Batemos a manteiga co azucre  e engadimos as xemas de ovo. A continuación engadimos a leite e a fariña tamizada co fermento e amasamos ben. Engadimos a reladura dos limóns. Amasamos ben e deixamos repousar media hora.
Se a masa vos queda pegañenta metédea na neveira para que a manteiga se endurezca e así podela estirar.
Encendemos o forno a 180º.
Estiramos a masa e cortamos formando as rosquillas de 2 cm de grosor. Poñemos enriba dun papel de forno e cocemos durante 15 minutos, ata que estén douradas. 
Retiramos e deixamos refriar.
Unha vez frías preparamos a glasa: para elo misturamos o azucre glass co zume de limón e pintamos as rosquillas por riba.
Espolvoreamos  reladura de limón e os pistachos picados. 
Deixamos que a glasa se poña dura e listas para comer.



1 comentario:

  1. Hola, me he animado a hacer estas rosquillas al verlas en el retweet del Gadis y porque son alhorno. Pero la masa, pese a tener que añadir algo más de harina, me ha quedado muy suelta. Me dá que van a estar en la nevera toda la mañana para que cojan firmeza y poder darles forma. Me gustaría que me orientases para saber qué he podido hacer mal. La masa la hice en la thermomix y todos los ingredientes estaban a temperatra ambiente.
    Com más calma iré viendo todas las recetas que tienes, que en un primer vistazo ma parecen muy variadas e interesantes de realizar. Enhirabuena por el blog. Un saludo y gracias.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...