30 jul. 2014

Xoubas fritas en fariña de millo

Un dos peixes que máis se comen na miña casa son as xoubas e na receita de hoxe usamos outro ingrediente moi noso: a fariña de millo, que lle da un toque crocante as xoubas.

Xoubas fritas en fariña de millo




Ingredientes:

xoubas
fariña de millo
sal
aceite de oliva.




Preparación:

Lavar as xoubas e secalas cun trapo ou papel. 
Botarlles un pouco de sal.
Rebozar as xoubas en fariña de millo.
Por a quentar  nunha tixola o aceite de oliva e cando este quente vamos engadindo as xoubas  e fritimos por ambos lados.

Retiramos a un prato cun papel absorbente.
Poñemos nun prato ou fonte e servimos quente.


Bo proveito

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...