2 jul. 2014

Ameixas a tixola

Reanudo esta web coas receitas máis saborosas e sempre cunha mirada a nosa terra, a Galicia, aos seus produtos e sobretodo aos seus sabores. Poir iso nada mellor que comenzar por unha receita mariñeira.




Ameixas a tixola


Ingredientes:
1 kg de ameixa babosa
4 dentes de allo
1 guindilla
1/2 vaso de albariño
aceite de oliva
perexil

Preparación:

Poñemos unha tixola, mellor unha vella, ao lume  cun chisco de aceite de oliva e os dentes de allo ben picados. Cando o allo empece a saltar engadimos a guindilla e as ameixas. Tapamos para que as ameixas se abran ao vapor.
Pasados 2 - 3 minutos destapamos e engadimos o albariño e un pouco de perexil picado.
Tapamos e  deixamos un minuto máis para que se evapore o alcol e as ameixas  acaben de abrirse.
Servir quente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...