3 dic. 2012

Cestos de mexilóns e wakame


Achegase o Nadal e sempe nestas datas nos gusta sorprender con pratos novos e moi saborosos e por iso vos traigo a proposta de hoxe.

Cestos de mexilons con wakame




Ingredientes para 4 cestos:

1 lata de mexilóns con wakame en escabeche branco
4 obleas de empanadillas
1 ovo
queixo relado
pementa negra




Preparación:

Poñemos as obleas nuns moldes de silicona, os que usamos para as  magdalenas.
Batemos o ovo e misturamos co queixo relado e un pouco de pementa negra.

Dentro de cada molde poñemos un pouco das algas e un mexilón e tapamos coa mistura de queixo e ovo batido.

Metemos no forno que xa temos quente a 200º durante 10 minutos, ata que vexamos os bordes das obleas dourados.


Retiramos do forno e deixamos que refríe un pouco antes de servir.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...