16 nov. 2012

I Simposio en Igualdade

O sabado 24 de novembro no Grove celebrase o I Simposio en Igualdade no que vou participar e no que vos convido a asistir e vos deixo o programa

PROGRAMA : I SIMPOSIO EN IGUALDADE. Singradura en igualdade


24 de Novembro 2012
Comenzo ás 10:00 h

XORNADA MAÑÁ:

Lugar : O Grove- Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 , Sala Nova

9.45 Recebemento e Acreditacións

10.00 Inauguración do I Simposio en igualdade. Concello do Grove

10.15 Poñencia 1ª. “Por decisión propia, coidado do maior no contorno familiar” a cargo de Dna. Rocío Garrido Caramés.

10.30 Poñencia 2ª. “Premio nacional á muller rural emprendedora 2012, Granxa Maruxa” a cargo de Dna. Marta Álvarez

10:45 Poñencia 3ª “pandereteiro” a cargo de D. Davide Salvado

11.00 Poñencia 4ª. “Unha muller con estrela michelin” a cargo de Dna Beatriz Sotelo

11:15 Poñencia 5ª . “O mundo da coctelería” a cargo de Dna María Rey

11.30 Descanso-Café

12.oo Poñencia 6ª “Programa Radio galega , CONVIVIR” a cargo da presentadora Clara de Saa

12.15- Poñencia 7ª “1ª alcaldesa concello do Grove”, a cargo de Dna Maria Lina Bernárdez Iglesias



12.30 Turno de Preguntas

Lugar : Peirao do Grove

13:30 – Embarcamos no Catamarán “ Pelegrin”

14:00 Poñencia 9ª “Patroa de barco. Singladura en igualdade” A cardo de Dna.Paula Meis

14.15- Almorzo mariñeiro a bordo do Catamarán “Pelegrin”**

**( As persoas que desexen almorzar no catamarán terán que comunicalo no tlf 622 098 721 oun no mail actividades@asistogal.com. O almorzo terá un prezo pechado de 20€/pax)


XORNADA TARDE

Lugar : CIPES, Museo da salazón ( Punta Moreiras)

17.00 Mesa redonda sobre a igualdade no mar

- Modera mesa: Dna Diana Otero Mascato
Dna Katy Montesinos Domínguez
Collareira, Artesanía do mar : Dna. Montse Betanzos
Mariscador a Pé: D. José Otero Fernández
Redeiro: D. Pablo
Maricadora máis xoven: Dna Rosa María Campos García

18.30 Conclusións e debate.

11 nov. 2012

Raia en caldeirada


Poucos son os que din non a unha boa caldeirada de raia coa sua allada co toque de unto.

Raia en caldeirada




Ingredientes para duas persoas:

4 cachos bos de raia
4 patacas
1 anaco de unto, se non se ten unto sustituir por aceite de oliva
sal grosa e  fina
Allada: aceite de oliva, un anaco de unto ( no seu  defecto un par de dentes de allo), pementón doce

Preparación:

Limpar a raia e botarlle sal grosa unha hora antes de cociñar.
Por unha tarteira con abundante auga e botamos as patacas peladas e cortadas en anacos grosos. Engadir o unto. Deixar cocer durante 10 minutos.
Lavar a raia e engadir as patacas. Botar un pouco de sal e deixar cocer durante 10 minutos.


Preparamos a allada: para iso poñemos un bo chorro de aceite de oliva ao lume cun anaco de unto, cando o unto empece a dourarse o retiramos e engadimos o pementón doce e misturamos cun garfo para que non se queime o pementón. Deixamos repousar antes de usar para que o pementón se quede no fondo.

Empratamos: poñemos as patacas e a raia nun prato e por riba botamos a allada. Servir quente.

Bo proveito.

5 nov. 2012

Crema de cabaza


Outro dos productos típicos de outono é a cabaza e por iso hoxe toca unha receita sinxela e que para os días frescos nos deixa o corpo ben agradecido



Crema de cabaza 



Ingredientes para 4 persoas

3 allos porros
500 gr de cabaza limpa
4 ovos cocidos
6 quesiños light
unhas lonchas de xamón
caldo de verduras ou auga
sal
aceite de oliva


Preparación

Limpamos a cabaza e a picamos.
Limpamos os allos porros e os picamos.

Poñemos unha cazola ao lume  cunhas gotas de aceite de oliva e botamos os allos porros picados, deixamos refogar un pouco e engadimos a cabaza picada. Refogamos un pouco e engadimos o caldo de verduras ou a  auga ata cubrir a verdura.
Deixamos cocer uns 10 minutos, engadimos un pouco de sal a gusto. Engadimos os quesiños e trituramos todo ata obter unha crema fina.
Poñemos unha tixola ao lume sin aceite e poñemos a tostar as lonchas de xamón.


Empratamos, poñemos un pouco da crema nun prato fondo, picamos un ovo cocido por riba e poñemos unhas lonchas do xamón xa crocante.

Servir quente e bo proveito.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...