Unha das conservas típicas de Galicia e que non falta na miña casa son os alquicres ou pataghillóns, pero tamén coñecidas como agullas.
O seu sabor é único e moi diferente o das sardiñas.
Ensalada de pementos con alquicres
Versión tapa
Ingredientes:
Pementos vermellos asados
alquicres en conserva de aceite de oliva
espárragos grosos
ourego seco
pementa negra
sal
aceite de oliva
vinagre de manzá
opcional: cebola
Para a tapa: galletas mariñeiras ou tosta de pan
Preparación:
Aliñar os pementos vermellos asados con sal, aceite de oliva e vinagre de manzá.
Colocar os pementos nunha fonte e por enriba cebola picada si vos gusta, os espárragos brancos e os alquicres
Espolvorear un pouco de ourego seco e moer pementa negra por riba e listo para comer.
Opcional: podese por unhas gotas de vinagre balsámico.
Para a versión tapa:
Envolver un alquicre nunha tira de pemento vermello asado, por enriba dunha galleta mariñeira por o lado un esparrágo. Salpementar e espolvorear cun poco de ourego seco.
Listo para comer.




