27 may. 2012

Ensalada de langostinos e laranxa


Unha receita rápida, sabrosa e lixeira para disfrutar nos días do verán

Ensalada de langostinos e laranxa





Ingredientes por persoa:

6 - 8 langostinos
1 laranxa
follas de leituga variadas
xerminados de soia en bote
Aliño: aceite de oliva, vinagre de módena, sal e o zume de 1 laranxa.

Preparación:


Pelar os langostinos. Pelar a laranxa e cortar en rodaxas.
Quentar unha prancha cun pouco de aceite de oliva e por as colas de langostinos a cociñar. Dar a volta.

Nun prato por as leitugas variadas, encima as rodaxas da laranxa e uns poucos de xerminados de soia no centro.
Colocar os langostinos no prato e aliñar coa mistura de aceite de oliva, vinagre de módena, un pouco de sal e o  zume de 1 laranxa ( axustar as cantidades aos nosos gustos)

Lista para servir.







15 may. 2012

Coello ao forno


A carne de coello é unha carne moi san xa que apenas ten graxa

Coello ao forno




Ingredientes para 4 persoas:
1 coello
1 cebola
2 cenouras
1 ó 2 pementos vermellos
grans de pementa negra
ourego
tomillo seco
1folla de loureiro
3 allos
1/2 copa de albariño (viño branco)
aceite de oliva
azafrán
perexil

Preparación:

Nunha cazola de barro poñemos aceite de oliva a quentar e nese aceite douramos os anacos do coello cunha folla de loureiro.

Cando este dourado engadimos a verdura picada en cachos:
Cenoria picada, pemento vermello, cebola, os allos moi picados.


A continuación botamos as especies ao gusto: sal, ourego, os grans de pementa negra, tomillo seco.

Engadimos o perexil picado e o azafrán.

Prequentamos o forno a 180º
Engadimos o viño branco e deixamos evaporar un pouco.

Engadimos un pouco de auga ata cubrir un pouco mais da metade do coello.

Metemos ao forno, sobre 20 minutos, ata que as verduras estén ben feitas.

E listo para comer.

9 may. 2012

Saquiños de tortilla


Unha maneira moi orixinal de presentar a tortilla de patacas e que queda moi vistosa nas festas
Saquiños de tortilla






Ingredentes:
Obleas de empanadillas
patacas
ovos
cebola
sal
aceite de oliva para fritir.

Preparación:

Poñemos a quentar abundante aceite de oliva para fritir as patacas. Pelamos as patacas e as picamos para a tortilla. Cando o aceite este quente engadimos as patacas e a cebola ben picadiña. Fritimos ata que as patacas estén blandas.

Batemos os ovos, cando as patacas estén fritas engadimolas aos ovos batidos e misturamos ben. Engadimos un pouco de sal.

 Dentro de cada molde de silicona  ou de magdalenas poñemos unha oblea de empanadilla  e botamos unha culler da mezcla de pataca e ovo batido.

Quentamos o forno a 180º e cando este quente metemos os saquiños  15 - 20 minutos según nos guste a tortilla máis ou menos feita.
Listas para servir templadas ou frías, como máis nos guste a tortilla.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...