28 mar. 2012

Mexilóns ao Garum Bristó


Estes mexilóns cominos nos restaurante Garum Bristó de Santiago e pedinlles a receita porque me gustaron moito e aquí vola deixo a vos

Mexilóns ao Garum Bristó





Ingredentes:

Mexilóns cocidos
Fariña de tempura
pementa negra
caiena
salsa tabasco
aceite para fritir.

Preparación:

Preparamos a tempura con auga fría e cando este lista engadimos pementa negra recén moida, unhas caienas moidas e un pouco de salsa tabasco, controlando as cantidades para obter un grado de picante que nos guste. Deixamos repousar 15 minutos.
Engadimos os mexilóns cocidos e misturamos ben.

Quentamos abundante aceite para fritir. Cando este ben quente vamos botando os mexilóns a fritir un a un. Os movemos un pouco para evitar que se peguen e se fritan asi por todos os lados. Cando estén ben dourados os retiramos a un prato con papel absorbente para que escurran ben o aceite.

Os poñemos unha fonte e listos para comer.

Mex

25 mar. 2012

Pastel cremoso de iogur á laranxa


Moitas veces non necesitamos moitos ingredentes para obter un postre  rico que lle gustará a maioria, sobre todo os amantes dos cítricos, as mouses, os postres de queixo e similares.

Pastel cremoso de iogur á laranxa



Ingredentes:

4 iogures naturais desnatados
6 follas de xelatina
1 laranxa
2 cullers de edulcorante líquido
1/2 vaso de auga
1 sobre de xelatina de limón ( baixo  en grasas)
Opcional: aroma cítrico


Preparación:

Poñemos a xelatina a hidratar en auga.

Relamos a laranxa e  misturamos a reladura cos iogures, o edulcorante e o aroma cítrico si o vamos a usar. Misturamos ben

Sacamos o zume da laranxa e o botamos ao 1/2 vaso de auga e quentamos. Cando este quente engadimos as follas de xelatina e disolvemos ben. Engadimos aos iogures e misturamos ben.

Botamos no molde e metemos no neveira durante 6 horas.
Duas horas antes facemos a xelatina de limón seguindo as instruccions do paquete e o engadimos por riba da crema e voltamos a meter na neveira.


Desmoldamos pasado ese tempo e podemos decorar como mais nos guste ou deixalo así.


Listo para servir.


NOTA: podedes invertir as misturas, botamos primeiro a xelatina de limón no molde e cando este duro botamos por riba a  crema de iogur.


Feliz domingo

23 mar. 2012

Tosta de queixos, xamón e tomatiños


Para facer este tipo de tostas gustame o pan de  ciabatta o chapata  xa que é un pan cunha miga firme. As tostas dan moito xogo na cociña pois podense facer con moitos ingredentes.

A de hoxe é unha tosta sinxela pero moi rica e sobretodo para cear é moi rápida de facer.




Tostas de queixos, xamón e tomatiños




Ingredentes:
Tostas de pan
Queixo tetilla
xamón serrano
tomates pequeniños ou tomate normal
queixos relados: mezcla de 4 queixos
rúcula ou follas de leituga que nos gusten.

Preparación:

Quentamos unha prancha e tostamos o pan por ambos lados.
Poñemos enriba do pan inda quente unhas lonchas de queixo tetilla para que se vaia fundindo.
Na prancha poñemos os tomates partidos cun pouco de sal a asar, os cociñamos por ambos lados. Na mesma prancha poñemos as lonchas de xamón a tostar un pouco.
Poñemos as lonchas de xamón enriba do queixo e enriba os tomates asados.
Botamos por riba a mezcla de queixos relados. Metemos a gratinar no forno uns 3-4 minutos, según o forno.


Retiramos do forno e poñemos un pouco de rucula por riba e servimos mentras esta quente.


21 mar. 2012

Ensalada de peras e xamón ibérico


Os días que  fai calor non apetece poñerse a preparar pratos elaborados nin moito menos pratos que manchen moitos cacharros que logo tocar lavar e unha boa solución son as ensaladas.
Nesta ocasión combinamos o salgado do xamón ibérica co dulce das peras.


Ensalada de peras e xamón ibérico



Ingredentes por persoa:
follas de leituga variada e limpas
1 pera conferencia
xamón ibérico
4-5 noces peladas
aliño: sal, aceite de oliva e vinagre de módena.

Preparación:

Poñemos as follas de leitugas no  prato, enriba poñemos a pera conferencia cortada en anacos e por riba ponemos as lonchas de xamón ibérico. Botamos as noces picadas.
Aliñamos con sal, aceite de oliva e vinagre de módena e lista para comer.



15 mar. 2012

Bacallau a Llauna


Esta receita é típica de Barcelona, chamada así polo cazola onde se cociña, unha especie de lata pero neste caso eu decanteime pola cazola de barro, que no forno da un resultado perfecto.


Bacallau a  Llauna







Ingredentes para 6 persoas:

1 kg de bacallau desalgado
2 dl de aceite de oliva
fariña ( mellor de millo para que quede crocante)
1 vaso de viño  Albariño
6 dentes de alo
perexil

Preparación:

Cortamos o bacallau en cachos e pasamolos  por fariña.
Os fritimos en aceite de oliva ata que casi estén listos e os poñemos na fonte de barro.
No mesmo aceite fritimos 3 dentes de allo cortados en láminas, cando empecen a dourarse botamos o pementón, remenxemos e botamos o albariño. Deixamos cociñar ata que se evapore o alcol. Botamos por riba dos trozos de bacallau.
Por riba do bacallau botamos os outros 3 dentes de allo laminados e un pouco de perexil picado.
Encendemos o forno a 180º. Metemos no forno durante 15 minutos.

Retiramos do forno e servimos quente.
Podemos acompañar dunha ensalada ou de patacas.

11 mar. 2012

Lasaña vexetariana de berenxenas e quinoa



Hoxe vos  traigo unha receita con quinoa é un alimento rico xa que posee os 10 aminoácidos esenciais para o ser humán, o cal  fai que a quinoa sexa un alimento moi completo e de sinxela dixestión. Posee un alto porcentaxe de fibra dietética total (FDT), o cal a converte nun alimento ideal para acadar eliminar toxinas e restos que poidan mancar o organismo. Polo tanto actúa como un depurador do corpo.


Lasaña vexetariana de quinoa e berenxenas



Ingredentes para 2 persoas:

1 berenxena grande
1 taza de quinoa
2 pementos vermellos asados
salsa de tomate
queixo relado ( usei unha mistura de 4 queixos)
ourego
sal

Preparación:

Poñemos a ferver 3 tazas de auga nunha cazola e cando empece a ferver botamos a quinoa dentro, botamos un pouco de sal e deixamos cocer durante 10 minutos. Pasado este tempo escurrimos e reservamos.

Laminamos a berenxena e as pasamos pola prancha cun pouco de sal.

Montamos a lasaña: poñemos unha capa de berenxenas no fondo dunha fonte de forno e por riba poñemos pemento asado, logo botamos a metade da quinoa cocida e por riba un pouco de salsa de tomate. Repetimos los pasamos: berenjena, pimiento, quinoa y salsa de tomate. Cubrimos con queixo relado e espolvoreamos un pouco de ourego
Metemos a gratinar ata que o queixo este dourado, ao  noso gusto.


Retiramos do forno e servimos quente.

Bo domingo.

9 mar. 2012

Focaccia de xamón


Esta foi a miña primeira focaccia e non vai ser  a  última, encantoume.  Este pan é típico de Italia e eu engadinlle as lascas de xamón

Focaccia con jamón


Ingredentes:

150 gr. auga
425 gr. fariña de forza
1 Culler pequena de azucre
1 culler pequena de sal
1 sobre de levadura seca de panadería
25 gr. aceite de oliva
Xamón serrano
Ouregno fresco
Albahaca seca
Sal grosa

Preparación:

Nun bol poñemos a auga, a levadura e o aceite de oliva. Engadimos o azucre  e a sal e  misturamos ben. A continuación botamos a fariña e amasamos ben.

Cando este lista a masa tapamos cun pano limpo e deixamos que levede a masa ata que doble o volume.
Unha vez ocorra isto, sacamos a masa sobre un mesado enfariñada, e  lle “quitamos” o aire amasando brevemente.
Damoslle forma aplanada  (sobre 2 centímetros de alto) e poñemola nunha bandexa de forno sobre un papel de forno, deixamola repousar tapada co pano de antes no que prequentamos o forno a 180º.
Antes de meter no forno a Focaccia, mollamola cun pouco de aceite de oliva e lle poñemos por riba a albahaca seca, o ourego fresco picado e o xamón serrano picado en cachiños.

Metemos  ao forno ata que se doure 15-20 minutos, sacamos e deixamos refriar.

Ideal para comer con ibéricos e cun bo paté.

6 mar. 2012

Pescada a galega


Que sería dos nosos peixes sin unha boa allada, a salsa galega pro excelencia. Por iso deben ter o seu oco neste caderno e hoxe tocalle o turno a pescada.

Pescada a  galega





Ingredentes:

2 trozos de pescada por persoa
2 patacas medianas por persoa
sal
1/2 cebola
aceite de oliva
allada: aceite de oliva, allo, pementón doce

Preparación:

Poñemos nunha cazola abundante auga  e botamos a media cebola limpia  e as patacas peladas e cortadas en rodaxas de 1-2 cm intentando que nos queden todas por igual. Botaamos un chorro de aceite de oliva e sal. Poñemos a ferver. Pasados 10 minutos botamos as rodaxas de pescada.
Deixamos cocer ata que a pescada este lista.

Mentras preparamos a allada: poñemos nun cazo aceite de oliva, 1 - 2 dentes de allo limpos e enteiros e cando empecen a dourarse retiramos do fogo e engadimos 1 culler de pementón doce, remenxemos para que non se nos queime e engadimos un pouco de auga da cocción da pescada para que nos enfrie si fose necesario. Deixamos repousar para que o pementón se vaia ao fondo.

Empratamos: poñemos as patacas e a pescada no prato e botamos a allada por riba.
Listo para servir quente.

5 mar. 2012

Tartaletas de cogumelos, pemento e xarda picante


Moitas veces non sabemos que facer de cear e recurrimos aos revoltos ou a tortilla francesa, pois a proposta de hoxe é unha mistura das dúas opcións pero con pouco traballo e sen manchar case nada.



Tartaletas de cogumelos, pementos e xarda picante




Ingredentes:

obleas de empanadillas
cogumelos
pemento vermello asado
xarda en salsa picante en conserva
ovo
leite desnatada
aceite de oliva

Preparación:

Nunha tixola poñemos un pouco de aceite de oliva e botamos a saltear os cogumelos picados. Unha vez salteadas engadimos o pemento morrón que xa temos asado e picamolo en cachos e a xarda en conserva picada. Misturamos ben.

Poñemos as obleas nos moldes e recheamos co salteado anterior.
Batemos o ovo e lle engadimos un chorro de leite desnatada. Acabamos de rechear as obleas co ovo batido.

Metemos o forno que xa temos precalentado, a 180º durante 15 minutos, ata que vexamos que o ovo este callado e as obleas douradas.
Sacamos do forno e deixamos tibiar un pouco antes de servir.

Agardo que vos gusten.

4 mar. 2012

Copas de amorodos e crema de te con piña


Un postre moi sinxelo para un domingo e aproveitando que xa temos amorodos no mercado inda que eu o presento nas copas podese facer en formato torta para logo poder cortar en racións.

Esta lamberetada é baixa en calorías co cal podemos comer sen moitos remordementos.

Copas de amorodos con crema de te con piña





Ingredentes para 4 copas:

400-500 gr de amorodos
2 culleres de fructosa ou 6 de azucre
300 gr de queixo de untar light
2 sobres de te de piña
4 follas de xelatina
1/2 litro de auga.

Preparación:

Preparamos un puré de amorodos: para elo limpamos os amorodos e os  cortamos. Os poñemos  nun cazo cun 1/2 vaso de auga e 1 culler de fructosa ou 3 de azucre ao fogo, deixamos que se vaia cociñando lentamente ata obter un puré de amorodo.

Poñemos a hidratar as follas de xelatina.
Poñemos ao fogo o 1/2 litro de auga e cando empece a ferver retiramos e botamos os dous sobres de te de piña para facer a infusión. Pasados 3 minutos e inda co auga quente botamos as follas de xelatina ( si a auga enfriou volveremola a quentar) e mezclamos ben. Deixamos que morne e engadimos o queixo coa outra culler de fructosa ou as 3 de azucre. Batemos para mezclar ben e deixamos refriar pero sen que chegue a callar.

Emplatamos: para iso poñemos no fondo das copas un pouco de puré de amorodo e por riba  botamos a crema de queixo co té. Deixamos que calle a crema e botamos por riba outro pouco de puré de amorodos. Deixamos repousar ao menos 2 horas antes de servir.

3 mar. 2012

Estrela de Pan


Un pan integral que resulta moi bo para bocadillos con pouca miga, é o perfecto para os amantes do pan con pouca miga e codia crocante
Estrela de pan







Ingredentes para dous pans:
1 kg de fariña integral de trigo ou fariña de trigo de media forza
650 gr de auga
200 g de masa nai
20 gr de sal
15 gr de levadura

Preparación:

Amasamos todos os ingredentes ata que teñamos unha masa fina e elástica.
Dividimos en pezas de 200 gr e de 400 gr. Deixamos repousar 10 minutos.
Estiramos as pezas de 400 gr e pintamos cun pouco de aceite de oliva, estiramos as pezas de 200 gr e poñemos enriba das de 400 gr e pechamos ( ver foto).
Facemos un corte en estrela no medio sen chegar ao final e lle damos a volta como podedes ver nas fotos.

Deixamos levedar ata que doble o seu volume.
Quentamos o forno a 230ºc e cocemos uns 25 minutos con vapor, si vemos que o forno nos pode queimar o pan o baixamos a 200º.

Retiramos do forno e deixamos enfriar.

Facemos un bocata ???????????????



2 mar. 2012

Ensalada de ostras fritidas


Hoxe vos traigo un xeito distinto de comer ostras, fritidas, rebozadas en fariña de millo que lle dan un crocante por fora quedando moi xugosas por dentro

Ensalada de ostras fritidas





Ingredentes:

6 ostras por persoa
follas de leituga variadas
froios secos ( puxen pistachos, noces de macadamia, baias de "goyi" e améndoas)
fariña de millo
ovo batido
limón
aceite de oliva
Aliño: sal, aceite de oliva e vinagre de módena.



Preparación:


Nunha tixola poñemos unhas gotas de aceite de oliva e botamos os foitos secos para que se douren un pouco. Cando estén dourados  sacamolos a un prato cun papel absorbente. Reservamos.
Abrimos as ostras e lle botamos un pouco de limón.
Batemos o ovo  e botamos  nel as ostras. Logo as pasamos por fariña de millo e as fritimos en aceite de oliva ben quente ata que estén douradas. Retiramos a un prato cun papel absorbente.


Montamos o prato: para elo poñemos as follas de leituga variadas e as aliñamos con sal, aceite de oliva e un pouco de vinagre de módena. Colocamos por riba os froitos secos e por  riba as ostras.
Opcional: podemos por un pouco de reducción de vinagre de módena ao limón.

Lista para servir, agardo que vos guste.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...