11 nov. 2012

Raia en caldeirada


Poucos son os que din non a unha boa caldeirada de raia coa sua allada co toque de unto.

Raia en caldeirada




Ingredientes para duas persoas:

4 cachos bos de raia
4 patacas
1 anaco de unto, se non se ten unto sustituir por aceite de oliva
sal grosa e  fina
Allada: aceite de oliva, un anaco de unto ( no seu  defecto un par de dentes de allo), pementón doce

Preparación:

Limpar a raia e botarlle sal grosa unha hora antes de cociñar.
Por unha tarteira con abundante auga e botamos as patacas peladas e cortadas en anacos grosos. Engadir o unto. Deixar cocer durante 10 minutos.
Lavar a raia e engadir as patacas. Botar un pouco de sal e deixar cocer durante 10 minutos.


Preparamos a allada: para iso poñemos un bo chorro de aceite de oliva ao lume cun anaco de unto, cando o unto empece a dourarse o retiramos e engadimos o pementón doce e misturamos cun garfo para que non se queime o pementón. Deixamos repousar antes de usar para que o pementón se quede no fondo.

Empratamos: poñemos as patacas e a raia nun prato e por riba botamos a allada. Servir quente.

Bo proveito.

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...