28 oct. 2012

Xurelitos en escabeche


Facía anos que non comía os xurelitos así, pois quen soia facelos era a miña avoa pois gustabanlle comer o peixe frito frío en cambio a min gustame comelos quentes, recén feitos. Pero sendo unha receita tradicional en moitas casas galegas e sobretodo na miña familia merece un oco neste espacio.


Xurelitos en escabeche




Ingredientes:

Xurelitos pequenos ( 1 kg)
aceite de oliva
allos ( 6 - 8 dentes)
pementón doce ( 1 culler rasa )
vinagre ( 1 chorro, a cuarta parte dun vaso)
sal grosa



Preparación:

Botamos sal grosa aos xurelitos uns minutos antes de fritilos.

Quentamos aceite de oliva nunha tixola e  fritimos os xurelitos por ambos lados. Sacamos a un prato e no mesmo aceite de fritir os xurelitos ( sempre e cuando non o teñamos queimado, senón botamos aceite de oliva limpo) botamos os allos picados e deixamos que se douren un pouco, engadimos o pementón doce e o vinagre, deixamos ao lume un minuto e botamos este prebe por riba dos xurelitos.
Deixamos repousar os xurelitos no escabeche ao menos 6 horas.


Pasado este tempo xa están listos para servir e comer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...