1 oct. 2012

Mexilóns ao azafrán


A proposta de hoxe ten como ingrediente principal un dos moluscos máis apreciados por os galegos: os mexilóns, cultivados na ria de Arousa.

Os mexilóns son unha boa fonte de ferro e calcio entre outros minerais ademáis de non ter casi graxa por iso deben estar presentes na nosa dieta, ademáis o seu prezo é moi económico.



Mexilóns ao azafrán





Ingredientes para 4 persoas:
2 kg de mexilóns
1 vaso de viño branco albariño
1 cebola pequena
1 dente de allo
uns fios de azafrán
1 noz de manteiga ( 25 gr aprox)
2 xemas de ovo
1 vaso de tona
1 vaso de leite
1 culler de maicena
pementón
perexil picado e ourego
sal

Preparación:

Limpiamos os mexilóns  e os poñemos nunha cazola ao fogo con medio vaso de viño. Tapamos e deixamos que se abran sobre uns 9 -7 minutos. Cando están cocidos os retiramos e os sacamos escurrindo e reservamos a auga que deixaron na cocción. Poñemos os mexilóns cunha das cunchas nunha fonte.

Preparamos o prebe: nun cazo poñemos a manteiga, a cebola picada e o allo picado. Deixamos que a cebola se cociñe e cando este transparente engadimos a auga da cocción dos mexilóns e os fíos de azafrán. Deixamos reducir 2 minutos e engadimos o vaso de tona e o vaso de leite.
Deixamos cociñar uns 5 minutos e engadimos a maicena disolta no medio vaso de viño branco albariño, sin parar de  remover, deixamos que o prebe vaia espesando ao noso gusto.
Retiramos do fogo e engadimos as xemas batidas, misturamos ben e probamos de sal e correximos si fose necesario.


Emplatamos: temos os mexilóns cunha das cunchas na fonte e por riba botamos o prebe de azafrán. Esparcimos un pouco de perexil picado, ourégo e un pouco de pementón por riba.
Listos para servir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...