7 sept. 2012

Palmeiras de froitas

Estamos en setembro e entre a volta ao colexio, empezar de novo coa rutina non quedan moitas gañas de meterse na cociña  e por iso a opción de hoxe e un doce rápido e sinxelo.

Ademáis podemos variar as froitas e usar as que temos de tempada resultando así un postre barato e con moitos sabores diferentes.

Palmeiras de froitas



Ingredientes:

Masa de follado
kiwi
pera
azucre moreno

Preparación:
Estiramos a masa de follado e poñemos enriba dunha metade unha fila de anacos de kiwi e na outra metade outra fila de anacos de pera.
Espolvoreamos un poco de azucre moreno por riba.

Enrolamos as metades ata chegar a mitade, e así cos dous lados,  igual que facemos as palmeiras.
Cortamos en toros e poñemos  e sobre un pape de forno.

Encendemos o forno a 180 º

Metemos no forno as palmeiras de foitas, aprox. 15- 20 minutos, ata que o follado este dourado.
Sacamos do forno, espolvoreamos un pouco de azucre moreno por riba e deixamos arrefriar.

Listas para servir.

2 comentarios:

  1. Xa mas estou imaxinando tamén con outros recheos.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Esas palmeirinhas deben de estar de morte, de boa gana colliache unaha pra o almorzo.

    Acabo de descubri-lo teu blog en versión galega e gostame moito,gostame segui-los blogs galegos ou de xente galega, asi que co teu parmiso fico por eiqui como seguidor. Tamén dichesme a idea de crear unha versión galega do meu blog, asi que coido que despois das vacacions poreime a facer realidade esta idea. Un saudo
    http://cocinandocondimanse.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...