Hoxe traigo un postre rápido e fresquiño, ideal para estos días de calor.
Vasiño de kiwi con queixo mascarpone
Ingredientes:
4 kiwis
50 ml de leite
50 gr de azucre
50 ml de auga
250 g de mascarpone + queixo de untar
10 g de azucre glace
50 g de cereais ou crocantes de chocolate
Opcional: gotas de licor kirsch
Preparación:
Poñemos a auga, o azucre e as gotas de licor a lume lento durante 3 minutos ata formar un xarabe e deixamos refríar.
Pelamos os kiwis e os picamos nun bol.
Botamos o xarabe nun bol cos trozos de kiwi e trituramos ben ata obter unha crema.
Reservamos.
Noutro bol poñemos os queixos, o leite e o azucre glass e trituramos todo ben ata obter unha crema.
Repartimos a crema de kiwi nas copas e enriba botamos a crema de queixo.
Decoramos por riba cos cereais ou co chocolate crocante.
E listo para servir.








Non me importaría tomar unha copiña ben fresquiña, que ben me sentaría.
ResponderEliminarBicos.
Que rica copa fresca y deliciosa, me encanta
ResponderEliminar