9 jul. 2012

Empanada de atún ou bonito


Que sería da nosa gastronomía sen as empanadas, de numerosos ingredientes pero que  sempre están presentes nas nosas romarías, festas e festexos varios, para levar a praia, para ir comer ao monte, ..... dicir empanada é pensar en comida galega.

Por iso a proposta de hoxe vai ser unha das máis clásicas de Galicia pero xa sabedes que podedes variar o recheo ao voso gusto.


Empanada de atún ou bonito


Ingredientes:
Para a masa: 1/4 litro de auga morna
15 ó 20 gr de levado fresco
1 ovo
700 gr fariña de trigo mais  a que se precise
 1 migalla de sal. 
Para o recheo: aceite de oliva
3 cebolas grandes
1 pemento vermello grande
2 dentes de allo
1/2 copa de viño albariño 
atún ou bonito en conserva

Preparación:

Preparamos a masa: para elo disolvemos o lévedo na auga xunto o sal e botamos o resto de ingredientes e vamos amasando ata obter unha masa elástica. Deixamos repousar durante media hora.                                                                

Preparamos o recheo:  Poñemos nunha tarteira un pouco de aceite de oliva ao lume e engadimos a cebola picada, deixamos que se fagan ben e engadimos o pemento vermello picado e os dentes de allo. Deixamos que se frita ben e engadimos a copa de viño albariño e deixamos cocer durante 5 minutos. Retiramos do lume e escorrimos o aceite. 
Partimos a masa en dous cachos e estiramos un deles, poñemos encima dun papel de forno que temos enriba da bandexa do forno.
Enriba da masa botamos a mistura da cebola e do pemento fritido. E por riba botamos o atún ou bonito escorrido. Estiramos ben e aplastamos coa man para que nos quede fino.
Estiramos a outro cacho de masa e tapamos a empanada. Pechamos ben polos bordes e facemos un buraco no medio para que a empanada respire. Podemos decorar cunhas tiras de masa. 
Quentamos o forno a 180º e metemos a empanada a cocer durante 30 minutos ( dependendo do forno), retiramos cando vexamos que a masa este dourada.

Cando saquemos a masa do forno podemos pintala co aceite onde fritimos a cebola e o pemento para darlle un pouco de brillo.
Deixamos arrefriar e lista para comer. 

2 comentarios:

  1. Ala, xa me deches idea para o xantar de mañán, agora voume dar un paseiño polo teu blogue. Un saudiño,

    ResponderEliminar
  2. A min gostame moito a empanada, esta quedouche estupenda xa me gostaria coller un cachiño, jejejej
    Por certo se queres pasate polo meu bloge, alí deixeiche un pequeno agasallo.

    http://cocinandocondimanse.blogspot.com.es/2012/09/premio-tu-estilo.html

    Un saudo

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...