24 jun. 2012

Torradas de polbo "A Feira" con queixo tetilla

Sen dúbida algunha na miña casa nunca falta o polbo no conxelador e queixos galegos das distintas D. O. que temos repartidas polo noso país.

E hoxe como proposta xunto estes dous ingredientes que dan lugar unhas tostas cheas de sabor galego.

Tostas de polbo "a feira" con tetilla



Ingredientes:
Polbo cocido
Torradas de pan
queixo tetilla
aceite de oliva
pemento doce e  picante
sal grosa



Preparación:

Cortamos el polbo que xa temos cocido en anacos e o adobamos ao igual que se fose a feira: con sal grosa, aceite de oliva e mistura de pemento doce e picante ao gusto.
Por riba picamos unhas lascas de queixo tetilla e as metemos ao forno a gratinas entre 5 - 10 minutos.


Sacamos do forno e poñemos sobre unhas torradas de pan ao noso gusto.
Servimos quente.

Bo proveito e bo domingo

2 comentarios:

  1. O polbo no conxelador non sempre hai, pero algún queixo dos nosos nunca falta, sobre todo ben cremosiño e poñerllo a case todo.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Mi madriña!!! pero que boa pinta ten esas torradas!
    Estou por ir a comprar os ingredientes e probalas!

    Gústame moito ler as túas receitas!
    un saúdo.

    http://thefrustratedcook.wordpress.com

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...