3 jun. 2012

Bacallau a grella


Sin dúbida unha das preparacións de bacallau que máis me gusta é preparado a grella, coa súa cebola picada e o aliño de aceite e vinagre.


Bacallau a grella




Ingredientes:
1 trozo de bacallau por persoa
1 cebola
aceite de oliva
vinagre
Para acompañar:
1 pataca mediana por persoa
 pimento vermello
cebola
aceite de oliva

Preparación:

Importante facer unhas boas brasas, neste caso con ramas de vide   e carozos de millo.

Untar ben  bacallau con aceite de oliva.


Cando as brasas esten listas poñemos o bacallau a asar, dandolle a volta para que se faga polos dous lados, o punto de asado é ao gusto do comensal
Para acompañar facemos unhas patacas ao pobre: poñeemos a quentar unha tixola con abundante aceite de oliva.

Cando este quente engdimos as patacas cortadas en rodaxas finas, a cebola picada e o  pimento vermello cortado en tiras.
Fritimos ben e cando esten listas as sacamos a un prato que poñemos inclinado para que escurran ben o aceite que poidan ter.


Cando o bacallau este asado o empratamos, e por riba lle poñemos cebola cortada, un chorriño de aceite de oliva e unhas gotas de vinagre.

Acompañamos con as patacas ao pobre e listo para degustar.
Un autentico manxar.

1 comentario:

  1. Ola: estou aqui para conñocer o teu blog e ver cousas ricas, o primeiro pedirche desculpas porque eu son andaluza de pai galego e non falo demasiado ben esta bonita lingua.
    Me encanta o teu blog, as túas receitas e sobre todo a túa cociña autoctona, asi que quedo e te sigo e te invito a que visites o mio.

    tremendita-tremendita.blogspot.com

    Besitos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...