3 abr. 2012

Torrixas


As torrixas son típicas de Semana Santa inda que na miña familia son típicas os días que sobra moito pan, e sobretodo en inverno.
Como na miña casa se consume o pan integral por eso as torrixas quedan máis oscuras que as feitas co pan branco.

Torrixas




Ingredentes:
1 barra de pan do día anterior
2 ovos
250 ml de leite
75 gr de azucre
azucre glass
canela moida




Preparación:
Nun bol poñemos o leite, os ovos e o  azucre e batimos todo ben.

Cortamos o pan en rebanadas dun 1 cm de gordo e as botamos na mezcla anterior.  Deixamos que se empape ben o pan.
Poñemos a quentar aceite.
Cando o aceite este quente vamos  collendo as rebanadas de pan e as botamos a fritir, damose a volta para que se fagan polos dous lados.
Sacamolas a un prato que teña papel absorbente para eliminar os excesos do aceite.
Espolvoreamos por riba azucre e canela moida.

Listas para comer.





1 comentario:

  1. De rapaza sempre as facía miña nai, co tempo foise perdendeo a costume. Pero de tanto velas, este fin de vounas preparar, que a miña filla a maior gustanlle.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...