9 abr. 2012

Sopa de arroz, polo e cenoura


Unha sopa clásica cando nos estamos recuperando dun virus estomacal e que sempre nos reconforta. E eu ultimamente é unha sopa que fago moito xa que é un prato que meu abo como moi ben e inda que non teña apetito sempre acaba comendo algunha culler que outra.
Ademáis déspois destes días de excesos de roscas, de monas, de torrixas, de doces de Pascua ..... tocan pratos lixeiros.

Sopa de arroz, polo e cenoura



Ingredentes para duas racións:
100 gr de Arroz de gran redondo
1 peituga de polo
2 cenouras
1/2 l de caldo de  verduras
aceite de oliva
sal
azafrán moido

Preparación:

Nunha cazola poñemos un pouco de aceite de oliva e poñemos a fogo medio. Botamos a peituga de polo picada e  as cenouras picadas. Vamos removendo e deixamos que se tosten un pouco. Engadimos o arroz e removemos un pouco.
Engadimos o caldo de verduras ou a  auga sinon temos caldo. Deixamos cociñar durante 20 minutos e pasado este tempo botamos o sal e o azafrán. Deixamos cociñar 5 minutos más.
Lista para servir quente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...