8 abr. 2012

Revolto de gulas, gambas e queixo San Simón da Costa


D.O.P queixos San Simón da Costa propuxo que hoxe 7 sería o día #7AdiadelquesoSanSimon  nas redes sociais para dar a coñocer mais este queixo e con motivo de que este fin de seman se festexa a XVIII da festa deste queso en Vilalba. 




Revolto de gulas e gambas con queixo San Simón da Costa




Ingredentes por persoa:


2 ovos
gulas ( sobre 150gr)
gambas (ao gusto)
queixo San Simón da Costa
2 dentes de allo
1 guindilla picante
aceite de oliva
pementa negra
perexil picado.


Preparación:


Batemos os ovos e reservamos.


Nunha tixola poñemos unhas gotas de aceite e poñemos ao fogo. Botamos os allos aplastados pero enteiros e engadimos as gambas e a guindilla partida en cachos. Salteamos un pouco. 
Engadimos as gulas e salteamos 3 minutos. Retiramos os allos.
Retiramos do fogo e engadimos os ovos e deixamos que se callen ao noso gusto ( si o queremos ben callado poñemos un minuto ao fogo) e vamos remexendo.


Emplatamos poñendo o revolto no prato, por riba poñemos as lascas de queixo San Simón da Costa e moemos un pouco de pementa negra ao gusto por riba e espolvoreamos un pouco de perexil picado.


 E listo para servir.




Bo Domingo de Pascua.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...