16 abr. 2012

Prebe para o churrasco



Este é o prebe que se fai na miña casa para comer co churrasco e que en moitos restaurantes a poñen tamén.
O truco está en dar coa cantidade de ingredentes que máis nos guste: con mais picante ou menos e coa dose de vinagre, polo resto é moi sinxela.


Prebe para o churrasco



Ingredentes:
Allos pelados
Perexil
Loureiro seco
Pementón doce
Aceite de oliva
Sal
Vinagre
Viño blanco
Ourego
Grans de pementa negra

Preparación:


Poñer todos os ingredentes no vaso da batidora e triturar.
Deixar repousar un pouco e lista para servir.


2 comentarios:

  1. Mmmm unha pintaza!!! Eu fago un muy parecido e está boísimo...

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Qué pinta tan exquisita!!!! Tanto tempo buscando unha salsa para o churrasco e encontreina por casualidade neste blogue.

    Levo uns meses seguindo o blog y gústame moito.
    Seguide así, un saúdo!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...