12 abr. 2012

Mini filloas de piquillos con mexilons


As filloas dan moito xogo na cociña e podemos facelas salgadas, doces, recheas e incluso engadirlle outros ingredentes como neste caso.


Mini filloas de piquillos con mexilons





Ingredentes para 4 persoas:

1 ovo
1 vaso de fariña
4 pementos do piquillo
1 vaso de leite
aceite de oliva
1 lata de mejillons en escabeche
canónigos
ovas de lumpo
reducción de vinagre de módena

Preparación:

Nun bol poñemos o ovo, a fariña, os pementos do piquillo e o vaso de leite e batemos ben ata obter unha crema fina.

Poñemos unha tixola antiadherente ao fogo e botamos unhas gotas de aceite de oliva e cando este quente vamos botando unha culler da crema anterior, deixamos que se cociñe e lle damos a volta para que se faga polo outro lado.


Poñemos nun prato a mini filloas e enriba poñemos os canónigos e enriba os mexilons da lata escurridos, e por riba as ovas de lumpo e aliñamos cun pouco de reducción de vinagre de módena.

Listo para servir como aperitivo.

1 comentario:

  1. Impresionante receita: sorprendentes filloas, presentación espectacular... Felicitacións¡

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...