29 abr. 2012

Fusilli Bucati con noces, queixo e tomate


Un prato de pasta rápido, sinxelo e moi rico.

Fusilli Bucati con nueces, queso y tomate






Ingredientes para das persoas:
250g de Fusilli Bucati
3 tomates ben maduros
queixo relado para pasta Arla
100 gr de noces peladas
perexil picado
sal
aceite de oliva
opcional: amaranto inflado

Preparación:

Cocemos os Fusilli Bucati en abundante auga salgada sobre 6-7 minutos, según instrucciones do paquete.

Mentras pelamos os tomates e os relamos, os poñemos nunha cacerola cun pouco de aceite de oliva  e poñemos a fogo medio ata que o tomate haxa reducido e quedenos un prebe espeso. Salgamos
ao gusto. Botamos os Fusilli Bucati e misturamos ben co prebe  de tomate.

Empratamos os Fusilli Bucati e botamos por riba o queixo relado Arla e as  noces. O queixo  irase fundindo co calor da pasta. Espolvoreamos un pouco de perexil picado e un pouco de amaranto inflado.

Servimos quente.


Bo domingo

1 comentario:

  1. Bueno, bueno, a foto dío todo, tiña ganas agora de meter o garfo no plato... ten que estar boísimo¡
    Saúdos¡¡

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...