1 abr. 2012

Fusilli Bucati á Boscaiola


É raro a semán na que non cociño un prato de pasta, no inverno son pratos de pasta con máis prebes ou en guisos pero o chegar o bo tempo apetecen pratos máis lixeiros pero co mesmo sabor.

Fusilli Bucati á Boscaiola



Ingredentes para 4 persoas:
500 gr de fusilli bucati
75 gr de touciño magro ou xamón
100 gr de atún en conserva en aceite
200 gr de cogumelos frescos
2 dentes de allo
aceite de oliva
sal e pementa negra

Preparación:

Nunha cazola de barro fritimos cun pouco de aceite o allo machacado e o touciño ou o  xamón cortado en tiras finas.
A continuación engadimos os cogumelos limpos e cortados en láminas finas.
Deixamos cocer a fogo suave durante 10 minutos e engadimos un pouco de auga para que non se nos reseque moito. Engadimos o atún en aceite.

Cocemos os Fusilli Bucati seguindo as instrucciones do paquete en abundante auga con sal durante 6-7 minutos. Escurrimos unha vez cocidos.

Botamos os Fusilli na cazola de barro e misturamos ben. Condimentamos cun pouco de pementa negra recen moida ao gusto.

Servimos ben quente.

Bo domingo

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...