23 abr. 2012

Fideos con patas de galo


Esta é unha receita que non falta na miña casa cando se matan os galos: os fideos coas patas. A min encantame lamber nas patas pola xelatina que teñen, e nas noites frescas senta moi ben este prato quente.

Fideos con patas de galo de Mos Souto de Herville




Ingredentes para duas persoas:
2 patas de galo
fideo grueso para duas persoas
2 dentes de allo
75 ml de salsa de tomate
auga
aceite de oliva
sal
perexil

Preparación:

Primero empezamos por limpar as patas:



1. poñemos a ferver nunha cazola auga, cando ferva metemos as patas medio minuto e  a sacamos.
2. cortamoslle as unllas ( podemolo facer antes de meter na auga fervendo).
3. coa punta dun coitelo tiramos da primera pel. Sae casi sola.
4.  cun coitelo  cortamoslle o callo da pata, que é a parte donde a pata pisa o chan.
5. repasamos có coitelo posibles restos de pel que nos quedasen.
6. nesa foto podedes ver unha pata limpa e a outra sin limpar.

Ahora vamos coa receita:

Nunha cazola poñemos un pouco de aceite de oliva e engadimos os dentes de allo picados. Cando os allos empecen a dourarse botamos as patas troceadas e deixamos que se frítan ben por todos os lados.

Cando estén ben douradas botamos a salsa de tomate e botamos dous vasos de auga e deixamos cocer a fogo suave durante 15 minutos.

Pasados estos minutos botamos o fideo, engadimos auga ata que cubra un dedo por riba dos fideos. Engadimos unha pizca de sal e deixamos cocer de 8 a 10 minutos según o grosor dos fideos.

Engadimos un pouco de perexil picado e listo para emplatar.

Servimos quente.

Boa semana


2 comentarios:

  1. unos fideos muy sustanciosos ! tienen que estar riquisimos, besitos

    ResponderEliminar
  2. Non me recordo xa de comer as patas dos polos na sopa, pero si recordo que me encantaban.E este prato ten unha pinta fabulosa. E o sabor con esas patas de galo de Mos ten que ser do mellor.

    Bicos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...