5 mar. 2012

Tartaletas de cogumelos, pemento e xarda picante


Moitas veces non sabemos que facer de cear e recurrimos aos revoltos ou a tortilla francesa, pois a proposta de hoxe é unha mistura das dúas opcións pero con pouco traballo e sen manchar case nada.



Tartaletas de cogumelos, pementos e xarda picante




Ingredentes:

obleas de empanadillas
cogumelos
pemento vermello asado
xarda en salsa picante en conserva
ovo
leite desnatada
aceite de oliva

Preparación:

Nunha tixola poñemos un pouco de aceite de oliva e botamos a saltear os cogumelos picados. Unha vez salteadas engadimos o pemento morrón que xa temos asado e picamolo en cachos e a xarda en conserva picada. Misturamos ben.

Poñemos as obleas nos moldes e recheamos co salteado anterior.
Batemos o ovo e lle engadimos un chorro de leite desnatada. Acabamos de rechear as obleas co ovo batido.

Metemos o forno que xa temos precalentado, a 180º durante 15 minutos, ata que vexamos que o ovo este callado e as obleas douradas.
Sacamos do forno e deixamos tibiar un pouco antes de servir.

Agardo que vos gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...