11 mar. 2012

Lasaña vexetariana de berenxenas e quinoa



Hoxe vos  traigo unha receita con quinoa é un alimento rico xa que posee os 10 aminoácidos esenciais para o ser humán, o cal  fai que a quinoa sexa un alimento moi completo e de sinxela dixestión. Posee un alto porcentaxe de fibra dietética total (FDT), o cal a converte nun alimento ideal para acadar eliminar toxinas e restos que poidan mancar o organismo. Polo tanto actúa como un depurador do corpo.


Lasaña vexetariana de quinoa e berenxenas



Ingredentes para 2 persoas:

1 berenxena grande
1 taza de quinoa
2 pementos vermellos asados
salsa de tomate
queixo relado ( usei unha mistura de 4 queixos)
ourego
sal

Preparación:

Poñemos a ferver 3 tazas de auga nunha cazola e cando empece a ferver botamos a quinoa dentro, botamos un pouco de sal e deixamos cocer durante 10 minutos. Pasado este tempo escurrimos e reservamos.

Laminamos a berenxena e as pasamos pola prancha cun pouco de sal.

Montamos a lasaña: poñemos unha capa de berenxenas no fondo dunha fonte de forno e por riba poñemos pemento asado, logo botamos a metade da quinoa cocida e por riba un pouco de salsa de tomate. Repetimos los pasamos: berenjena, pimiento, quinoa y salsa de tomate. Cubrimos con queixo relado e espolvoreamos un pouco de ourego
Metemos a gratinar ata que o queixo este dourado, ao  noso gusto.


Retiramos do forno e servimos quente.

Bo domingo.

2 comentarios:

  1. Mmmm gustame moito o teu blog. ^_^

    Fágome seguidora, así tamén é unha boa forma de practicar o meu galego, xa que en Asturias...se o falo... non me entenden, jejeje.

    Biquiños

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...