3 mar. 2012

Estrela de Pan


Un pan integral que resulta moi bo para bocadillos con pouca miga, é o perfecto para os amantes do pan con pouca miga e codia crocante
Estrela de pan







Ingredentes para dous pans:
1 kg de fariña integral de trigo ou fariña de trigo de media forza
650 gr de auga
200 g de masa nai
20 gr de sal
15 gr de levadura

Preparación:

Amasamos todos os ingredentes ata que teñamos unha masa fina e elástica.
Dividimos en pezas de 200 gr e de 400 gr. Deixamos repousar 10 minutos.
Estiramos as pezas de 400 gr e pintamos cun pouco de aceite de oliva, estiramos as pezas de 200 gr e poñemos enriba das de 400 gr e pechamos ( ver foto).
Facemos un corte en estrela no medio sen chegar ao final e lle damos a volta como podedes ver nas fotos.

Deixamos levedar ata que doble o seu volume.
Quentamos o forno a 230ºc e cocemos uns 25 minutos con vapor, si vemos que o forno nos pode queimar o pan o baixamos a 200º.

Retiramos do forno e deixamos enfriar.

Facemos un bocata ???????????????



2 comentarios:

  1. Estupenda receta¡ algún día atrevereime (nunca fixen pan). Este pan ten que estar delicioso con xamonciño e unhas gotiñas de aceite de oliva...
    Saúdos, QC

    ResponderEliminar
  2. moitas grazas, animate a facer pan que engancha

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...