4 mar. 2012

Copas de amorodos e crema de te con piña


Un postre moi sinxelo para un domingo e aproveitando que xa temos amorodos no mercado inda que eu o presento nas copas podese facer en formato torta para logo poder cortar en racións.

Esta lamberetada é baixa en calorías co cal podemos comer sen moitos remordementos.

Copas de amorodos con crema de te con piña





Ingredentes para 4 copas:

400-500 gr de amorodos
2 culleres de fructosa ou 6 de azucre
300 gr de queixo de untar light
2 sobres de te de piña
4 follas de xelatina
1/2 litro de auga.

Preparación:

Preparamos un puré de amorodos: para elo limpamos os amorodos e os  cortamos. Os poñemos  nun cazo cun 1/2 vaso de auga e 1 culler de fructosa ou 3 de azucre ao fogo, deixamos que se vaia cociñando lentamente ata obter un puré de amorodo.

Poñemos a hidratar as follas de xelatina.
Poñemos ao fogo o 1/2 litro de auga e cando empece a ferver retiramos e botamos os dous sobres de te de piña para facer a infusión. Pasados 3 minutos e inda co auga quente botamos as follas de xelatina ( si a auga enfriou volveremola a quentar) e mezclamos ben. Deixamos que morne e engadimos o queixo coa outra culler de fructosa ou as 3 de azucre. Batemos para mezclar ben e deixamos refriar pero sen que chegue a callar.

Emplatamos: para iso poñemos no fondo das copas un pouco de puré de amorodo e por riba  botamos a crema de queixo co té. Deixamos que calle a crema e botamos por riba outro pouco de puré de amorodos. Deixamos repousar ao menos 2 horas antes de servir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...