13 feb. 2012

Revolto de trigueros e cogumelos

Un revolto sinxelo pero cheo de sabor que para unha cea cun anaco de pan torrado é unha receita moi agradecida

Revolto de trigueros e cogumelos


Ingredentes por persoa:

2 ovos
6-8  espárragos trigueros
4-6 cogumelos
sal
aceite de oliva
pementa negra

Preparación:

Nunha tixola poñemos un poco de aceite de oliva  e poñemos a quentar.

Collemos os trigueros e desbotamos a parte dura e o resto  picamos en cachiños pequenos, reservando as puntas. Picamos os cogumelos.

Botamos os anacos dos trigueros na tixola  e cando estén dourados botamos os cogumelos e un poco de sal. Deixamos que se fagan os cogumelos e cando estén botamos as puntas dos trigueros.

Batemos os ovos. Botamos os ovos na tixola e retiramos do fogo, vamos removendo para mezclar o ovo cos trigueros e os cogumelos e procuramos que non calle de todo o ovo.

Emplatamos e moemos un poco de pementa negra por riba.

2 comentarios:

  1. Boas, gracias pola visita¡ A da quinoa foi unha receta moi básica, xusto para empezar a probar a quinoa, que nunca probara¡
    Por certo, o revolto quedouche ben vistoso e xugosiño :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, eu tamén ando a experimentos coa Quinoa.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...