22 feb. 2012

Filloas recheas de mousse de arroz con leite

Que sería do entroido galego sen filloas pois un pouco máis aburrido e por iso hoxe vamos facer unhas filloas recheas que están para repetir e tripitir.

Filloas recheas de mousse de arroz con leite





Ingredentes:

Filloas ( ver receita aquí: Filloas)
azucre glass
canela moida
Para o arroz con leite:
750 ml de leite desnatada
100 gr de arroz redondo
75 gr de azucre ou o seu equivalente en edulcorante ou fructosa
canela en rama e en pó
pel de limón
4 follas de xelatina

Preparación:

Preparamos el arroz con leche: poñemos o arroz nunha cazola con auga a ferver durante uns 10 minutos. Cando pase ese tempo retiramos e escurrimos ben.

Poñemos ao fogo o leite  coa pel de limón e a rama de canela. Cando empece a ferver botamos o arroz e deixamos que se cociñe a fogo lento durante uns 15 minutos, remenxemos de vez en cando. Engadimos o azucre.
Poñemos as follas de xelatina a hidratar.
Botamos  as follas da xelatina ao arroz con leite e remenxemos ben. Retiramos a pel  de limón e a rama de canela. Engadimos un pouco de canela en pó e moemos toda esta mezcla ata obter unha crema. Deixamos refriar ata que colla consistencia.

Preparamos a filloa rechea:  Para iso poñemos un pouco de mousse de arroz con leite nun lado da filloa e  envolvemos a filloa.
Colocamos nun prato e esparcimos por riba azucre glass e canela molida.



Listas para comer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...