17 feb. 2012

Coles a boloñesa


Hoxe traigo unha   receita de coles de Bruselas que resulta ser un prato mais lixeiro que a tradicional pasta a  boloñesa ebeneficiamonos das propiedades diuréticas das coles.

Coles a boloñesa






Ingredentes:
Coles de Bruselas
carne picada
cogumelos
salsa de tomate
allo
ourego
sal
queixo relado
sal
aceite de oliva

Preparación:

Limpamos as coles de Bruselas e as poñemos a cocer en auga cun pouco de sal e unhas gotas de aceite de oliva. Unha vez cocidas escurrimos e reservamos.

Preparamos o prebe: para elo poñemos nunha cazola un pouco de aceite de oliva e botamos os allos picados e cando empezen a dourarse botaselle a carne picada. Salteamos e cando este cociñada engadimos os cogumelos picados. Deixamos que se cociñen un pouco e engadimos a salsa de tomate, un pouco de sal e deixamos cociñar.

Nunha fonte de forno poñemos as coles de Bruselas e por riba  botamos o prebe. Espolvoreamos o queixo relado e un pouco de ourego.

Metemos ao forno a gratinar ata que o queixo este o noso gusto.

Servimos quente  e listo para comer.

1 comentario:

  1. Yo quiero un platito!!! Uhhhhh..!!! pero que rico. Saludos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...