15 feb. 2012

Chícharos en salsa verde

Unha receita sinxela, fácil e moi saborosa, e que tanto nos sirve como un primeiro como de acompañamento a moitos peixes e carnes
Chicharos en salsa verde




Ingredentes:
5 patacas
100 gramos de chicharos
2 ovos duros
2 dentes de allo
1 cebola
1 taza de aceite de oliva
1 copa de viño branco
2 ramitas de perexil
Pimenta branca
Sal
Cebollino 


Preparación:


Limpiamos e pelamos as patacas, os chicharos, a cebola e os allos. Picamos a cebola e troceamos as patacas, é importante ao picar romper ao final a pataca para que o caldo espese. 

Preparamos unha picada cos dous dentes de allo e o perexil. Mentras tanto  unha cazola vamos fritindo a cebola ata que quede ben pocha, é cando incorporamos as patacas e se deixa tamen que se douren un pouco. Engadimos  os chicharos e deixamos outros 5 minutos. Para rematar engadimos a picada e o viño branco e salpimentamos.

Removemos e cubrimos con auga. Deixamos cocer ata que os chicharos e as patacas estén no seu punto. Para rematar o prato o decoramos co ovo duro e espolvoreamos un pouco de cebollino picado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...