10 feb. 2012

Cazola de polbo, gambas e gulas

Que sería dos galegos sen uns anacos dun bo polbo, pois hoxe co que me sobrou de facer unha caldeirada que vos  traigo nesta receita

Cazola de  polbo, gambas e gulas




Ingredentes:

Polbo cocido
gambas peladas
gulas
allo
guindilla
pementa negra
aceite de oliva

Preparación:

Nunha cazola de barro poñemos un pouco de aceite de oliva e botamos dous dentes de allo por persoa moi picados, cando empece a dourarse engadimos as gambas peladas, as gulas e uns  anacos de guindilla á gusto. Deixamos fritir ben.

Engadimos o polbo cortado en rodaxas e deixamos que o polbo se quente.

Retiramos do fogo e antes de servir quente moemos un pouco de pementa negra por encima.

Espero que vos guste a idea e que pasedes un bo fin de semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...