19 feb. 2012

Arroz con leite


O arroz con leite ten moitas e na miña casa faise de distintos xeitos según os ingredentes que teña na despensa, nesta ocasión tratase dun arroz con leite que leva leite condensada, dando lugar a un arroz cremoso e moi rico.

Arroz con leite






Ingredentes:
100 gr de arroz redondo
1 litro de leite desnatada
250 gr de leite condensada ( usei un bote pequeno  que so ten 9% MG)
unha rama de canela
cáscara de limón
canela en pó

Preparación:

Poñemos o arroz a ferver nun cazo con abundante auga durante 10 minutos. ( Isto reducirá o tempo de cocción do arroz na leite e así quedará mais líquido).  Escurrimos o arroz.

Poñemos ao fogo o leite coa rama de canela e a cascara de limón. Cando empece a ferver botamos o arroz e deixamos que se cociñe a fogo lento durante 5 minutos. Removemos de vez en cando.
Pasado este tempo retiramos a cáscara de limón  e a rama de canela  e engadimos a leite condensada, vamos removendo para que se mezcle todo ben e deixamos cocer durante 5 minutos a fogo baixo, temos que procurar que non se nos pegue.
Retiramos do fogo e deixamos repousar.

Servimos morno o frio, según os nosos gustos, e espolvoreamos canela en rama ao gusto.

Bo domingo e a disfrutar do entroido

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...